PROPOSTAS DE TRABALLO

viernes, octubre 13, 2006

TESTRES. Concepto de revolución industrial


1. O que coñecemos como “factory system” é...
a. Unha forma de emprega-las máquinas para a producción industrial secuenciando o traballo no que se coñece como división social do traballo.
b. Un xeito de aplica-los beneficios da revolución agrícola á industrialización aportando á industria: man de obra, mercados e capitais para investir.
c. Unha maneira de organiza.la actividade das industrias que inclúe a concentraciónde capital e traballo, a división técnica do mesmo e o emprego de maquinas

2. Chamamos pre-condicións da revolución industrial a ....
a. Actividades ou situacións que colaboraron en prepara-lo terreo para que se dera o proceso revolucionario no sector secundario.
b. As características propias do sector secundario que definen a revolución industrial fronte a outras formas de organiza-la actividade industrial (gremios,manufacturas…)
c. Ós tres aspectos que definen a revolución industrial: modificacións técnicas, da organización industrial e da estructura da propiedade industrial.

3. A consecuencia do proceso revolucionario na industria a economía en conxunto….
a. Pasou a ser más dependente da agricultura pero agora organizada segundo un modelo capitalista (como ocorreu en U.K cos “enclosures”)
b. Pasou a organizarse segundo o modelo das clases sociais, co predominio da burguesía e a aparición do proletariado.
c. Pasou a un crecemento contínuo e acelerado cada vez máis interconectado xeográficamente e ao protagonismo económico do sector secundario.