PROPOSTAS DE TRABALLO

martes, marzo 27, 2007

ACTUAR COMO ADMINISTRADORES DO NOSO BLOG. UN TRABALLO VOLUNTARIO QUE VOS PODE INTERESAR

PROTOCOLO PARA A ADMINISTRACIÓN DO BLOG “CADERNODHISTORIACONTEMPORANEA. BLOGSPOT.COM”

1. ¿Cómo ADMINISTRAR?
A administración do blog realizarase por grupos ata 3-4 persoas que voluntariamente decidan abordar esta tarefa.
O tempo en que estarán a cargo desta administración é (inicialmente) dunha semana, de mércores a mércores.
Cada grupo recibirá as claves para poder acceder ó blog como administrador pero é importante que tódalas entradas sexan firmadas ó final do texto da mesma.
As entradas deben redactarse correctamente pero se admite o uso de sinais propios da linguaxe dos móbiles (a ser posible con explicación dos mesmos, para axudar ós carrozas que lemos isto) . No caso de usar a linguaxe deste medio citado, compre que sexa dun xeito xustificado.
O corpo das entradas non debe ser moi longo, é recomendable que inclúa cuestións, preguntas, enigmas que animen á participación dos lectores/as. Igualmente é recomendable a inclusión de imaxes.
O traballo de administración do blog é un traballo voluntario que será avaliado ata cun punto “a maiores” no conxunto da avaliación.
Durante o tempo de administración pedirase un mínimo dunha entrada por cada unha das seccións do blog, aínda que se valorará que sexan incluidas máis.
A administración inclúe a atención ó blog durante a semana, respostar as participacións (incluindo as incluidas no “taboleiro de anuncios”). Será especialmente valorado o grupo que sexa capaz de provocar unha maior e máis interesante participación dos seus compañeiros

2. ¿Qué ADMINISTRAMOS?
Evidentemente, o blog da nosa asignatura. Pero descompoñamo-lo traballo por seccións , deixando claro que todo isto son meras orientacións, o ideal sería que cada grupo imprimira o seu selo durante o seu periodo de administración (sen perder a idea principal de cada sección nin a xeral de que estamos diante dun blog de aula)
Páxina principal (cadernodhistoriacontemporánea.blogspot.com)
. Débense incluir nela noticias xerais
. Avisos de entradas noutras seccións cos vínculos correspondentes.
Outras entradas que non teñen cabida en ninguna sección pero que queremos incluir.
 O Taboleiro de anuncios. Ista é a sección máis libre de todas onde se colgan textos do que vos pareza, dende actualidade a comentarios, noticias, mensaxes…
Na sección “propostas de traballo” ¿Qué imos incluir?
. Podedes recoller temas que saen en clase e que eu propoño como traballos posibles ou outros que se traten e vos parezan a vos interesantes para suxerir un posible traballo ós vosos compañeiros.
. Podedes transformar ideas en traballos a través das cuboadiviñas (fanse na páxina picture trail), propostas arredor de películas (atoparedes trailers en youtube), propostas relacionadas con novelas , ou con música (ver as páxinas de GoEar ou Snip)
. O MAIS DESEXABLE, que sexades vos quen propoña traballos coas vosas ideas tanto canto ó contido como canto á forma.
Na sección “actualidade da aula” inclúese o día a día dos cursos…
. Convocatorias e avisos xerais para a clase.
. Exames e probas ( convocatoria, as preguntas e os resultado, evidentemente isto último volo paso eu)
. A vosa propia crónica do que pasa na clase (sucesos, anécdotas, etc…)
“Cahier de doleances” Para que poidades expoñe-las queixas:
. Sobre cousas que pasan na clase ou no Instituto
. Sobre cousas de Betanzos ou as nosas localidades.
. Sobre o mundo mundial e seus problemas.
Na sección “3illo paraes3a2” trátase de presentar propostas relaxantes, divertidas, lonxe do traballo estricto da asignatura.
. Curiosidades sacadas de internet (youtube, tamtam…)
. Propostas de música, cine, lectura…
. Bromas, cousas divertidas, curiosas… aínda que non teñan que ver coa asignatura.
 Vedes que ás veces puxenrepertorios de imaxes no lateral da páxina principal . Se o grupo quere poderíase realizar algun tipo de reportaxe fotográfico do instituto e colgalo nese lugar ( pintadas, grafittis, mesas, personaxes, situacións…) hay que traballar ara isto co flick.

NOTA. Dos recursos para facer todas estas presentacións dispoñemos dunha conta para o noso blog que será proporcionada ós/as administradores xunto coas indicacións precisas para empregalos ( non é complicado, ¡seino facer eu!)