PROPOSTAS DE TRABALLO

lunes, octubre 16, 2006

TESTRES. Precondicións da Rev Industrial

1. Gracias á revolución agraria a revolución industrial puido dispoñer de…
a. Man de obra, capitais, mercados e alimentos para a población urbana.
b. Mercancías para comerciar no mercado internacional gracias ás melloras nos transportes.
c. Unha industria rural que xeneraba aforro e inversión.

2. A importancia das transformacións nos transportes que se deron antes da Revolución Industrial radica en…

a. Que permitiron unha nova organización do mercado interior no que se relacionaban dun xeito máis rentable os seus elementos.
b. Que permitíu un transporte do comercio internacional coas colonias que antes (SXVI-XVIII) non fora posible.
c. Que permitíu os campesiños completar os seus ingresos con labores relacionadas co transporte das súas produccións.

3.A acumulación de capitais que foron investidos durante a Revolución Industrial inglesa veu principalmente:
a. Dos beneficios derivados do aumento demográfico.
b. Dos beneficios que xeneraba a revolución agraria e o aumento demográfico.
c. Dos beneficios extraídos das melloras na agricultura e do comercio internacional coas colonias.