PROPOSTAS DE TRABALLO

martes, octubre 17, 2006

Unha nova cuboadiviñanza.

COMO DA OUTRA VEZ...: 8 PUNTOS DO APARTADO DE TRABALLOS VOLUNTARIOS PARA AS PRIMEIRAS PERSOAS QUE DEAN COA PERSONAXE Ó QUE SE REFIRE O CUBO E O XUSTIFIQUEN EXPLICANDO CADA CARA DO CUBO. Por certo, facédeo no propio caderno dixital para que todo o mundo poida participar do descubremento.

Cool Slideshows

5 Comentarios:

  • María:
    Atinaches co autor pero nas diferentes caras do cubo hai outras obras del diferentes da que citas e as imaxes deberías atopar a relación co autor e súa obra. En calquera caso falamos na clase para concretar isto e que che valla para a nota.

    Julián
    P.D. Se agradece a participación, por certo.

    By Blogger "er profe", at jueves, octubre 19, 2006 5:15:00 p. m.  

  • O persoaxe ó que se fai referencia na cuboadiviña é un dos novelistas ingleses máis coñecidos da literatura universal: Charles Dickens, quen ós doce anos veuse obrigado pola súa situación económica familiar a traballar nunha fábrica , lugar onde vai a coñecer ás deplorables condicións da vida das clases sociais máis baixas. Isto é un dato importante xa que este feito o marca tan fondamente que vai dedicar gran parte da súa obra á denuncia de ditas condicións.
    Así, escribiu o libro Hard Times do cal un fragmento aparece presente nunha das imaxes. Neste, fai unha crítica a tónica de Coketown realizando unha descripción negativa da cidade : oscura, ladrillos que terían que ser vermellos ennegrecidos polo fume, describe tamén; no fragmento un río que tiña unha cor de tinte enfermo e desprendía certo cheirume. Esta imaxe artificial e desoladora aparece reflictida na portada do libro que esta presente noutra imaxe.
    Á súa vez , esta novela histórica resalta a pobreza e a deshumanización orixinada en Inglaterra durante a R.Industrial. Toma a cidade de Manchester para exemplificar estas ideas posto que era unha das fábricas máis notorias.
    Dickens puntualiza a deshumanización do factory sistem. Así, ós trabajadores son movidos polas máquinas da fábrica e non ó contrario, con salarios moi baixos e horarios de gran amplitude . A cidade na que se sitúa a historia leva o emblemático nome de Coketown, facendo alusión ó carbón que utilizaban ás fábricas, ese mesmo que ennegrecía o ceo das cidades. Aparecen descritas tamén na obra escolas onde se busca “facer” futuros traballadores para a servidume insutrial.

    Outra das súas novelas é A tale of two cities, esta presente na taza da cuboadiviña.
    Esta novela industrial destila o horror que despertan en Dickens ós movementos de masas o desorden social; así como ós abusos e inxustizas por parte da nobreza.
    A historia comeza nos últimos anos so século XVII, cando están empezando a xerminar ós brotes da R.Francesa, onde a documentación obxetiva dos feitos unése á admiración que Dickens tivo por esta revolta, sin deixar de mostrarse crítico.
    O autor toma como punto de referencia a revolución francesa para mostrar os problema sociais e políticos de Inglaterra, xa que temía que a historia se reiterara no seu país natal cando él escribía esta novela.

    A imaxe pertencente ó cadro de Gustave Doré, exposta no cubo, representa unha cidade propia da época da R.Industrial, en concreto á cidade de Londres. Así, reflictese a densidade de población e a polución ambiental creada nas novas cidades.
    Ás paisaxes típicas destas cidades son motivo constante de alusión nas obras de Dickens ,un exemplo é a anterior mencionada Hard times .


    Por último, cabe resaltar a importancia da imaxe do fragmento que fala sobre á workhouse que era unha especie de “prisión” onde ós pobres traballaban e se aloxaban no s.XVIII. A obra cá que Dickens se consagrou: Oliver Twist ,fala dun neno orfo que viviú nunca Workhouse .Como de costume Dickens fai nesta obra, unha crítica ó sistema capitalista e á sociedade da época.

    En resume, Charles Dickens é un dos novelistas ingleses máis coñecidos, que ten unha pluralidade de obras nas que influído pola súa dramática infancia fixa o seu punto crítico na parte máis negativa da revolución industrial(explotación, a sociedade da época, ás novas cidades, etc).

    Lucía Abarrategui 1ºD

    By Blogger Lucía, at sábado, octubre 21, 2006 12:18:00 a. m.  

  • Caramba, Lucía. Super-traballo. Moi ben feito xa lle vas collendo o truco ós cubos

    By Blogger "er profe", at sábado, octubre 21, 2006 12:48:00 p. m.  

  • gracias!, menos mal que saíu ben...xq estiven toda a tarde do venrres facendo a cuboadiviña, e costoume porque nunha enciclopedia viña unha informacion, en internet outra, noutra enciclopedia outra e eran contrapostas...
    astamañan

    By Blogger Lucía, at domingo, octubre 22, 2006 11:07:00 a. m.  

  • Chau, noraboa

    By Blogger "er profe", at lunes, octubre 23, 2006 5:25:00 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home