PROPOSTAS DE TRABALLO

miércoles, mayo 30, 2007

Terceira entrega preparatoria do test do venres

1. Un dos puntos débiles do sistema financieiro internacional tra-la IªGuerra Mundial era que…
a. Moitos paises dependían das indemnizacións alemans para devolve-los préstamos contraidos durante a guerra
b. A Bolsa de Nova Iorque non puido frea-la oleada de venda de accións, causando así a crise no resto dos bancos
c. Europa produco un exceso de producción bélica que ó remate da guerra provocou superproducción industrial

2. A especulación na Bolsa de Nova Iorque facíase co capital que viña...
a.- Da recuperación industrial que se deu ó remate da guerra pola recuperación do consumo aplazado.
b.- Da política de restricción monetaria á que xogaba a Reserva Federal impoñendo altos tipos de interés.
c.- Do exterior en forma de capitais flotantes e do interior pola política de créditos baratos adoptada polos Bancos.

3. O "crack" bursatil de Nova Iorque en outubro de 1929 estala...
a.- Porque na ola especulativa que vive a Bolsa ninguén quere vender ante as espectativas de ganacia fácil e rápida que existen.
b.- Pola política do sistema bancario norteamericano de impoñer un diñeiro caro que evitara tendencias inflacionistas
c.- Pola imposibilidade de frear unha tendencia á venda de valores que algúns empezaron a considerar perigosos por canto o seu prezo á alza non gardaba relación coa marcha real da economía das empresas.

4. Tra-la crise bolsística a depresión económica exténdese ó resto do aparato productivo norteamericano, en primeiro lugar...
a.- As industrias, incapaces de que ninguén lles compre accións para seguir investindo na actividade productiva.
b.- O sector da agricultura de exportación afectado pola superproducción.
c.- O sector bancario que aportara os cartos para unha especulación bursatil que agora amosaba a súa debilidade.

5. Boa parte da responsabilidade da crise da Bolsa de Nova Iorque...
a.- Foi do Estado norteamericano por non estimular industrias de obras públicas que solucionaran o problema do paro.
b.- Foi do sector financieiro norteamericano que prestou para mercar valores de bolsa sen atender ós beneficios reais que xeraban tales inversións.
c. Foi pola irresponsabilidade dos consumidores que mercaban bens de consumo cos cartos que se obtiñan fácilmente do sector bancario norteamericano.

1a
2c
3c
4c
5b

martes, mayo 29, 2007

2ª entrega para practicas o test do venres.

ECONOMÍA DE ENTREGUERRAS. A crise e seus sinais anunciadores
Respostas ó final do test.

1.Os planes Dawes e Young son iniciativas que…
a. Tentan buscar solucións á depresión dos anos ’30 provocada pola crise da Bolsa de Nova Iorque.
b. Tentan facilitar a Alemania o pago das indemnizacións no contexto do crecemento económico que se vive na segunda metade dos anos ‘20
c. Mellora-la capacidade de compra do mercado norteamericano afectado pola ideoloxía WASP.

2. A apariencia de prosperidade que se vivíu en EEUU nis anos ’20 estaba ameazada…
a. Pola crise agraria que se vivía no campo e a reducción da producción industrial que non podía adaptarse ás exixencias do consumo de masas.
b. Por unha Bolsa de Nova Iorque onde o crecemento das acccións non se xustificaba por un incremento parello da producción industrial.
c. Por unha situación de superproducción e o desvío de capitais dende a producción á especulación na Bolsa de Nova Iorque.

3. O incremento do consumo en EEUU ata chegar ó chamado “consumo de masas” é o resultado…
a. Do desvío de cartos dende a Bolsa de Nova Iorque ata as empresas europeas adicadas á reconstrucción trala Guerra Mundial.
b. Da xeralización de procesos productivos como o taylorismo e a crecente concentración empresarial que permitía producir máis.
c. Das melloras na producción que permitiron baixa-los prezos , unidas ó emprego da publicidade e á posibilidade de mercar os productos a prazos.

4. As dificultades económicas derivadas das crises de 1920-21 e 1929 tradúcense en termos políticos no continente europeo…
a. Na aparición de grupos e ideoloxías puritanas e conservadoras como son a ideoloxía WASP ou o Ku Kus Klan
b. No fortalecemento de alternativas non democráticas que derivaron no fascismo italiano(1922-23) e o nazismo alemán (1933)
c. Nunha crise económica que empeza nos bancos, dependentes dos préstamos estadounidenses, e trasládase logo ó resto dos sectores productivos.

5. A clave da debilidade real da Bolsa de Nova Iorque nos anos 1928-1929 radica en que...
a. O incremento do valor en Bolsa das accións non se corresponde co incremento dos beneficios reais que producen as empresas.
b. Baseaba a súa fortaleza nos prestamos que viñan de Europa, e cando deixaron de chegar as cotizacións da Bolsa caeron arrastrando a toda a economía.
c. Non era posible que as accións seguiran subindo cando o capital norteamericano prefería a inversión nos sectores da industria do ocio.

Respostas cooooorrectas
1b
2c
3c
4b
5a

lunes, mayo 28, 2007

ADIANTO DO TEST DO VENRES.


Estas preguntas poden servir para que practiquedes o test do venres sobre a economía de entreguerras.

Atoparedes as respostas ó final das preguntas.


1. Unha das consecuencias económicas máis notables da Iª Guerra Mundial foi…
a. Que Xapón, EEUU e Europa ceden a hexemonía económica mundial e Iberoamérica e os vellos dominios británicos ( Canadá e Australia)
b. Que EEUU deixa de ser a principal potencia económica e ten que compartir o dominio coa Europa reconstruida trala guerra.
c. Que Europa deixa de ser a zona hexemónica da economía mundial en beneficio, sobre todo, de EEUU.


2. O modelo de economía de guerra que Europa tivo que adoptar durante a Iª Guerra Mundial…
a. Estimulou a producción en novos paises e propiciou o endebedamento da propia Europa, principalmente respecto a EEUU
b. Provocou a superproducción de bens militares que ó remate da guerra provocaron situacións de subconsumo e crise.
c. Facilitou unha reestructuración das relacións económicas mundiais ó estimula-la especulación en Bolsa e romper o monopolio de EEUU.

3. Nos momentos iniciais da post-Iªguerra mundial a economía vive un certo momento de auxe e crecemento que vén derivado...
a. Da política dos gobernos que pasaron a guerra sen á penas emitir moeda para evitar a inflación e agora podían emitila.
b. Da chegada de capitais alemanes en forma de indemnizacións que permite o estímulo ó consumo privado dos europeos.
c. Do estímulo á producción que supón a recuperación da estabilidade da paz e por tanto de recuperación do consumo que se pospuxera durante a guerra.


4. O espectacular aumento da producción que podemos ver en moitas industrias na segunda metade da década dos '20 hai que explicala como resultado de...
a. Que moitas industrias estaban a inverti-los capitais que se gañaban na Bolsa en mellora-las técnicas de producción e organización industrial(taylorismo, traballo en cadea...)
b. Un aumento parello da capacidade de consumo da poboación en xeral estimulada ó consumismo polo ambente de euforia e as facilidades para obter cartos baratos, ou mesmo pospoñe-lo pago do que se mercaba.
c. Que ó remate da Guerra Mundial engádese á producción dos paises que abasteceron durante a mesma de productos industriais, a producción recuperada dos que loitaron na Guerra.


5. Na evolución económica logo da Iª Guerra Mundial podemos distinguir…
a. Unha pequena recuperación polo consumo aprazado durante a Guerra seguida da crise de 1920-21. Logo unha recuperación, especialmente acusada na segunda metade da década, para rematar coa depresión nos anos 30.
b. Unha crise entre os anos 20-21, seguida da recuperación polo consumo aprazado e a prosperidade dos anos 20, rematando coa depresión dos anos 30.
c. A prosperidade da primeira metade dos anos 20 que desemboca, primeiro na crise do consumo aprazado pola guerra e remata na crise final na década do anos 30.


Respostas:

1c

2a

3c

4b

5a

domingo, mayo 27, 2007

UNHA PROPOSTA DE TRABALLO SOBRE A CRISE DO 29

Simplemente ollade este youtube http://www.youtube.com/watch?v=SGMHAhSWMS4
e facede un resume das ideas e argumentos que desenvolve. A dificultade principal que atoparedes é que está en pitinglish. Pero o rapaz fala bastante clariño.

Se andades amuermados/as podedes ver este outro tamén sobre a crise.

jueves, mayo 17, 2007

Para facer unha "máquina de votar" unha especie de pequeno titorial en pogüerpoint

A ver se vos axuda para o que me pedistes no taboleiro. Se non queredes adicar moito tempo á elaboración disto hai dúas posibilidades:ou ben agardades ata o venres e o facemos nun recreo no Insti, ou ben me mandades vos a pregunta e as posibles respostas e o elaboro eu e o colgo. Como vexades.
( para ve-la presentación máis grande e mellor pulsade abaixo "on slideshare" e logo no que vos abra en "full" ) ¡Animo o resultado é molón! (se queredes ver como queda, fixen un par de experimentos no http://bauldesoci.blogspot.com/ alí veredes)

miércoles, mayo 16, 2007

nova adiviñanza

Aquí vos deixamos non unha cuboadiviñanza xD senón unha serie de imáxes que vos levarán a resposta: o nome dun home que actuará no periodo de entre guerras que estamos estudando.

Creemos que é bastante sencilla, ánimo.
Por certo, se pulsades en cada imáxe a veredes ampliada e se leerá mellor a pista ;)

Un saúdo. Ángela, Lucía y Diego.



Get Your Own!

martes, mayo 15, 2007

TRABALLO VOLUNTARIO!!!!!!!!!!!

Hola asiduos/as ao blog de historia contemporanea que nestes momentos estamos a xestionar Diego,ánxela e Lucía. Ocurriusenos un traballo na linea un pouco, do que o profesor xa nos suxerira noutras ocasións. A cousa según el saíu bastante ben, e como é unha forma de aprender e ao mesmo tempo crear arte propoñemos que fagades un "empatía". A idea é que vos poñades na pel do soberano Tsarista,dun soldado por exemplo, ou mesmo dun menxevique.se se vos ocurre outro persoaxe mais interesante ligado co tema que estivemos vendo tamén será benvido!
Unha proposta orixinal que se nos ocurre é a óptica que tería Marx se levantara cabeza dos bolxeviques por exemplo.
ademais, xa sabedes que si o entregades, o profesor seguramente subirá unhas decimiñas que nesta 3ª avaliación non veñen nada mal, verdade?

martes, mayo 08, 2007

Hexa-adivinanza!!!

Bueno, creo que al fin lo he conseguido, y he creado un hexágono mazo chulo, con 5 imágenes (¿?, pero es hexágono, y es que una se repite; xD)acerca de un personaje interesante que tuvo mucho que ver en la Revolución Rusa.

P.D. xfis que lo haga alguien, que me ha llevado mucho tiempo hacerlo...




Cool Slideshows








María y Cris

martes, mayo 01, 2007

1º de Mayo. ¿Unha festa do traballo?


Atoparedes en calquera buscador montóns de referencias a esta festa aquí tedes algúns:
1. http://es.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_Internacional_de_los_Trabajadores

2. http://www.caracol.com.co/noticias/420036.asp


3. http://www.abc.com.py/articulos.php?pid=326887&ABCDIGITAL=5f5f0ecd4dfbffcf51e24d09e922a35d

4. http://revcom.us/a/may1/haymark-s.htm
O traballo podería estar ben facel en forma de powerpoint ou similar dado que é doado atopar texto e imaxes do tema.
¡ánimo!