PROPOSTAS DE TRABALLO

martes, mayo 29, 2007

2ª entrega para practicas o test do venres.

ECONOMÍA DE ENTREGUERRAS. A crise e seus sinais anunciadores
Respostas ó final do test.

1.Os planes Dawes e Young son iniciativas que…
a. Tentan buscar solucións á depresión dos anos ’30 provocada pola crise da Bolsa de Nova Iorque.
b. Tentan facilitar a Alemania o pago das indemnizacións no contexto do crecemento económico que se vive na segunda metade dos anos ‘20
c. Mellora-la capacidade de compra do mercado norteamericano afectado pola ideoloxía WASP.

2. A apariencia de prosperidade que se vivíu en EEUU nis anos ’20 estaba ameazada…
a. Pola crise agraria que se vivía no campo e a reducción da producción industrial que non podía adaptarse ás exixencias do consumo de masas.
b. Por unha Bolsa de Nova Iorque onde o crecemento das acccións non se xustificaba por un incremento parello da producción industrial.
c. Por unha situación de superproducción e o desvío de capitais dende a producción á especulación na Bolsa de Nova Iorque.

3. O incremento do consumo en EEUU ata chegar ó chamado “consumo de masas” é o resultado…
a. Do desvío de cartos dende a Bolsa de Nova Iorque ata as empresas europeas adicadas á reconstrucción trala Guerra Mundial.
b. Da xeralización de procesos productivos como o taylorismo e a crecente concentración empresarial que permitía producir máis.
c. Das melloras na producción que permitiron baixa-los prezos , unidas ó emprego da publicidade e á posibilidade de mercar os productos a prazos.

4. As dificultades económicas derivadas das crises de 1920-21 e 1929 tradúcense en termos políticos no continente europeo…
a. Na aparición de grupos e ideoloxías puritanas e conservadoras como son a ideoloxía WASP ou o Ku Kus Klan
b. No fortalecemento de alternativas non democráticas que derivaron no fascismo italiano(1922-23) e o nazismo alemán (1933)
c. Nunha crise económica que empeza nos bancos, dependentes dos préstamos estadounidenses, e trasládase logo ó resto dos sectores productivos.

5. A clave da debilidade real da Bolsa de Nova Iorque nos anos 1928-1929 radica en que...
a. O incremento do valor en Bolsa das accións non se corresponde co incremento dos beneficios reais que producen as empresas.
b. Baseaba a súa fortaleza nos prestamos que viñan de Europa, e cando deixaron de chegar as cotizacións da Bolsa caeron arrastrando a toda a economía.
c. Non era posible que as accións seguiran subindo cando o capital norteamericano prefería a inversión nos sectores da industria do ocio.

Respostas cooooorrectas
1b
2c
3c
4b
5a