PROPOSTAS DE TRABALLO

miércoles, mayo 30, 2007

Terceira entrega preparatoria do test do venres

1. Un dos puntos débiles do sistema financieiro internacional tra-la IªGuerra Mundial era que…
a. Moitos paises dependían das indemnizacións alemans para devolve-los préstamos contraidos durante a guerra
b. A Bolsa de Nova Iorque non puido frea-la oleada de venda de accións, causando así a crise no resto dos bancos
c. Europa produco un exceso de producción bélica que ó remate da guerra provocou superproducción industrial

2. A especulación na Bolsa de Nova Iorque facíase co capital que viña...
a.- Da recuperación industrial que se deu ó remate da guerra pola recuperación do consumo aplazado.
b.- Da política de restricción monetaria á que xogaba a Reserva Federal impoñendo altos tipos de interés.
c.- Do exterior en forma de capitais flotantes e do interior pola política de créditos baratos adoptada polos Bancos.

3. O "crack" bursatil de Nova Iorque en outubro de 1929 estala...
a.- Porque na ola especulativa que vive a Bolsa ninguén quere vender ante as espectativas de ganacia fácil e rápida que existen.
b.- Pola política do sistema bancario norteamericano de impoñer un diñeiro caro que evitara tendencias inflacionistas
c.- Pola imposibilidade de frear unha tendencia á venda de valores que algúns empezaron a considerar perigosos por canto o seu prezo á alza non gardaba relación coa marcha real da economía das empresas.

4. Tra-la crise bolsística a depresión económica exténdese ó resto do aparato productivo norteamericano, en primeiro lugar...
a.- As industrias, incapaces de que ninguén lles compre accións para seguir investindo na actividade productiva.
b.- O sector da agricultura de exportación afectado pola superproducción.
c.- O sector bancario que aportara os cartos para unha especulación bursatil que agora amosaba a súa debilidade.

5. Boa parte da responsabilidade da crise da Bolsa de Nova Iorque...
a.- Foi do Estado norteamericano por non estimular industrias de obras públicas que solucionaran o problema do paro.
b.- Foi do sector financieiro norteamericano que prestou para mercar valores de bolsa sen atender ós beneficios reais que xeraban tales inversións.
c. Foi pola irresponsabilidade dos consumidores que mercaban bens de consumo cos cartos que se obtiñan fácilmente do sector bancario norteamericano.

1a
2c
3c
4c
5b