ADIANTO DO TEST DO VENRES.

Estas preguntas poden servir para que practiquedes o test do venres sobre a economía de entreguerras.
Atoparedes as respostas ó final das preguntas.
1. Unha das consecuencias económicas máis notables da Iª Guerra Mundial foi…
a. Que Xapón, EEUU e Europa ceden a hexemonía económica mundial e Iberoamérica e os vellos dominios británicos ( Canadá e Australia)
b. Que EEUU deixa de ser a principal potencia económica e ten que compartir o dominio coa Europa reconstruida trala guerra.
c. Que Europa deixa de ser a zona hexemónica da economía mundial en beneficio, sobre todo, de EEUU.
a. Que Xapón, EEUU e Europa ceden a hexemonía económica mundial e Iberoamérica e os vellos dominios británicos ( Canadá e Australia)
b. Que EEUU deixa de ser a principal potencia económica e ten que compartir o dominio coa Europa reconstruida trala guerra.
c. Que Europa deixa de ser a zona hexemónica da economía mundial en beneficio, sobre todo, de EEUU.
2. O modelo de economía de guerra que Europa tivo que adoptar durante a Iª Guerra Mundial…
b. Provocou a superproducción de bens militares que ó remate da guerra provocaron situacións de subconsumo e crise.
c. Facilitou unha reestructuración das relacións económicas mundiais ó estimula-la especulación en Bolsa e romper o monopolio de EEUU.
3. Nos momentos iniciais da post-Iªguerra mundial a economía vive un certo momento de auxe e crecemento que vén derivado...
a. Da política dos gobernos que pasaron a guerra sen á penas emitir moeda para evitar a inflación e agora podían emitila.
b. Da chegada de capitais alemanes en forma de indemnizacións que permite o estímulo ó consumo privado dos europeos.
c. Do estímulo á producción que supón a recuperación da estabilidade da paz e por tanto de recuperación do consumo que se pospuxera durante a guerra.
4. O espectacular aumento da producción que podemos ver en moitas industrias na segunda metade da década dos '20 hai que explicala como resultado de...
a. Que moitas industrias estaban a inverti-los capitais que se gañaban na Bolsa en mellora-las técnicas de producción e organización industrial(taylorismo, traballo en cadea...)
b. Un aumento parello da capacidade de consumo da poboación en xeral estimulada ó consumismo polo ambente de euforia e as facilidades para obter cartos baratos, ou mesmo pospoñe-lo pago do que se mercaba.
c. Que ó remate da Guerra Mundial engádese á producción dos paises que abasteceron durante a mesma de productos industriais, a producción recuperada dos que loitaron na Guerra.
5. Na evolución económica logo da Iª Guerra Mundial podemos distinguir…
a. Unha pequena recuperación polo consumo aprazado durante a Guerra seguida da crise de 1920-21. Logo unha recuperación, especialmente acusada na segunda metade da década, para rematar coa depresión nos anos 30.
b. Unha crise entre os anos 20-21, seguida da recuperación polo consumo aprazado e a prosperidade dos anos 20, rematando coa depresión dos anos 30.
c. A prosperidade da primeira metade dos anos 20 que desemboca, primeiro na crise do consumo aprazado pola guerra e remata na crise final na década do anos 30.
Respostas:
1c
2a
3c
4b
5a

0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home