PROPOSTAS DE TRABALLO

jueves, noviembre 16, 2006

proposta de exame para o 1º parcial.

PROPOSTA DE EXAMEN Iº PARCIAL Iª AVALIACIÓN.
HISTORIA CONTEMPORÁNEA

1. Desenvolve un tema co título que ven de seguido empregando os textos (mediante citas textuais) para xustificar as ideas que vais expoñendo no tema (lembra a importancia de ordena-lo tema cumnha introducción o desenvolvemento ben artellado e unha conclusión).
TRAZOS BÁSICOS DO SISTEMA ECONÓMICO CAPITALISTA.

“Cada individuo en particular pon todo o seu cuidado en buscar o medio máis oportuno de empregar coa maior vantaxe o capital de que poida dispor. O que desde logo se propón é o seu propio interese, non o da sociedade en común … Pero neste e noutros moitos casos unha man invisible condúceo a promover un fin que nunca tivo na súa intención(…); porque seguindo seu particular interese ás veces promove o da sociedade con máis eficacia que cando se pensa directamente en fomentalo.” (A. Smith, 1776)

“O economista Bastiat, creu distinguir no mundo económico unha harmonía preestabrecida, polo que seu á súa principal obrta un título característico “As harmonías económicas”. Non é só a mecánica celeste, senón tamén a mecanica social a que revela a sabiduría de Deus…” (M. Artola, 1984)

“ O traballo , como todas as demais cousas que se mercan e se venden, e que poden ser aumentadas ou diminuídas, ten o seu prezo natural e o seu prezo de mercado.” (D.Ricardo, 1817)
“…o simple e doado sistema la liberdade natural. Todo home, na medida en que non ofenda as leis da xustiza, está en plena liberdade para segui-lo camiño que lle presente seu interés e de levar súa industria e seu capital onde lle pete, en competencia coas de todo outme ou clase de homes. O Estado está enteiramente exento dista carga” (A. Smith, 1776)

“O pensamento da Ilustración concibe ó home como unha criatrura cuia natureza pula na percura da felicidade…Enténdese a felicidade como aquel estado no que o home ve satisfeitas súas necesidades. A propiedade individual dos bens capaces de satisfacer esas necesidades, enténdese como a garantía, ou mesmo a manifestación externa da felicidade. A identificación que se produce entre medios e fin, entre propiedade e felicidade, servíu para lexitimar a propiedade individual”




2. CUESTIÓNS BREVES:
2.1 Explica e xustifica as razóns que fixeron necesaria a introducción dos bancos e sociedades por accións nas actividades industriais a finais do século XIX.

2.2 Xustifica a importancia da revolución agraria para a revolución industrial e compara os casos español e británico.

2.3 Explica en qué consistíu o cambio de réxime demográfico ó longo do século XIX e como influíu na economía contemporánea.

3. DEFINICIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN CRONOLÓXICO TEMPORAL.
Une as casiñas da táboa para facer cinco frases ás que só deberás engadir unha contextualización temporal, e ,se cadra, espacial con algún exemplo.
1Sector punteiro
2Ámbito dentro da producción industrial
3Que inclúe a concentración de medios de producción, a mecanización e a división tecnica do traballo
1Capitalismo financieiro
2Xeito de organiza-la produccción industrial
3Que se refire á xeracíon polo sistema de diferencias sociais e/ou territoriais
1Factory system
2Fase da evolución do sistema económico
3Que inicia os cambios propios da industrialización
1Desenvolvemento desigual
2Forma de organización do traballo nas industrias
3Que se basea na especialización de tarefas, e fabricación en cadea de productos estándar.
1Taylorismo
2Característica consecuencia do modelo económico capitalista
3Que se caracteriza pola unión de intereses industriais e bancarios

(NOTA. nesta última pregunta o examen o teño posto nunha táboa con tres columnas que corresponden ós números que vos indico. No sei como facer esa táboa e o teño que poñer así. Disculpas polo meu analfabetismo informático-bloggero)

3 Comentarios:

  • Buenas, pués el examen estuvo complicadillo..porque eso de ejemplificar con CUATRO! textos...es mucho para una hora...creo que sería mejro un solo texto que recogiera el tema que quisieras que desarrollaramos.
    a evr si puedes poner las notas en cuanto corrijas..gracias

    By Anonymous Anónimo, at viernes, noviembre 17, 2006 3:07:00 p. m.  

  • Xa veremos na clase o examen. Penso que non era moi difícil, se cadra falta algo de práctica. De momento o que levo correxido en conxunto non está mal.
    En definitiva, a cousa é afacerse ó bacharelato, traballar durante a avaliación, e recoller froitos no exame.

    Julián

    By Blogger Julián Ferrer, at sábado, noviembre 18, 2006 4:56:00 p. m.  

  • Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    By Blogger Lucía, at jueves, noviembre 23, 2006 9:30:00 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home