PROPOSTAS DE TRABALLO

viernes, abril 27, 2007

Enlaces youtubianos


Presentovos dous enlaces a youtube nos que a través da peli do Dr. Zhivago poderedes visualizar a relación entre a Guerra Mundial como detonante-catalizador e o estalido da revolución rusa. Un comentario das dúas frases ó fío da imaxes pode ser un bo traballo. ( sinto non ter encontrado versións en español. Agardo que o voso nivel de "pitinglish" e un chisco de intuición vos permita ver do que se trata)
Pica nas frases seguintes para dirixirte ós cortes da peli en Youtube.







miércoles, abril 25, 2007

Un traballo sobre a Revolución Rusa.

Georges Orwell escribiu unha obra "Animal Farm" na que critica o desenvolvemento a revolución rusa. Presentovos unha especie de trailer. Realmente creo que é unha canción á que lle puxeron as imaxes da versión en debuxos animados da obra de Orwell. En calquera caso paga a pena miralo. Se a alguén isto lle chama a atención podemos pensar en traballar algo sobre isto.

sábado, abril 21, 2007

Un enlace interesante de mapas conceptuais.

Neste caso un sobre a Iª Guerra Mundial que serve para traballar o tema das relacións internacionais. Traballar sobre isto facendo un tema de composición que "redacte" o cadro podería estar ben.
( Pero no blog do que o tomamos hai moiiiitos máis e moi ben feitos)