PROPOSTAS DE TRABALLO

martes, noviembre 28, 2006

PUZZLE SOBRE AS CAUSAS DA REVOLUCIÓN "FRANSUÁ"

Trátase de ordnar as casiñas en torno a catro grandes causas da revolución á vez artelladas en torno a causas máis remotas (estructurais) e próximas (coiunturais)

martes, noviembre 21, 2006

DAS CONSTITUCIÓNS, ¡¡¡A PEPA!!!

O LIBERALISMO. Principios e institucións políticas.

O texto que presentamos se pode empregar para desenvolver un tema co título que encabeza esta folla
(voluntario para quen queira ou poda) . Outro traballo máis simple (realmente previo ó anterior ) será detectar nos artigos dista Constitución ( a primeira que tivo España) os principios e institucións políticas típicas da ideoloxía liberal ( que atoparedes relacionadas entre as páxinas 53 e 57 do libro de texto)




Constitución española de 1812, la “Pepa”.

DON FERNANDO VII, por la gracia de Dios y La Constitución de la Monarquía española, rey de las Españas …, a todos los que la presente vieren y entendieren SABED. Que las mismas Cortes han decretado y sancionado la siguiente Constitución política de la Monarquía española.

Art.2 La Nación española es libre e independiente, y no es ni puede ser patrimonio de ninguna familia ni persona.
Art.3 La soberanía reside esencialmente en la nación, y , por lo mismo, pertenece a ésta exclusivamente el derecho de establecer sus leyes fundamentales.
Art.4 La Nación está obligada a conservar y proteger por leyes sabias y justas la libertad civil, la propiedad y los demás derechos legítimos de todos los individuos que la componen.
Art. 13. El objeto del gobierno es la felicidad de la Nación, puesto que el fin de toda sociedad política no es otro que el bienestar de los individuos que la componen.
Art. 14 El Gobierno de la nación española es una Monarquía moderada hereditaria.
Art.15 La potestad de hacer las leyes reside en las Cortes con el rey.
Art. 16 La potestad de hacer ejecutar las leyes reside en el rey
Art. 17. La potestad de aplicar las leyes en las causas civiles y criminales reside en los tribunales establecidos por la ley
Art. 27. Las Cortes son la reunión de todos los diputados que representan a la Nación, nombrados por los ciudadanos.
Art. 34 Para la elección de los diputados de Cortes se celebrarán juntas electorales de parroquia, de partido y de provincia.
Art. 45 Para ser nombrado elector parroquial se requiere ser ciudadano, mayor de veinticinco años, vecino y residente en la parroquia.
Art. 91 Para ser diputado se requiere ser ciudadano.
Art. 92 Se requiere además para ser elegido Diputado a Cortes, tener una renta anual proporcionada, procedente de bienes propios
Art. 248. En los negocios comunes, civiles y criminales, no habrá más que un solo fuero (ley) para toda clase de personas.
Art.339 Las contribuciones se repartirán entre todos los españoles con proporción a sus facultades, sin excepción ni privilegio alguno.
Art. 371 Todos los españoles tienen la libertad de escribir, imprimir y publicar sus ideas políticas sin necesidad de licencia.

PRINCIPIOS E INSTITUCIÓNS POLÍTICAS DO LIBERALISMO.

PRINCIPIOS POLÍTICOS
• Recoñecemento de dereitos e libertades individuais ( naturais e civís)
• Igualdade xurídica
• Soberanía nacional e soberaná popular
• Representación política e derretí de voto
• Sufraxio censitario ou “universal”
• Separación de poderes

INSTITUCIÓNS POLÍTICAS

• Estado liberal de dereito
• Existencia de Parlamentos ou Cámaras representativas (unicameralismo ou bicameralismo)
• Existencia de Constitucións escritas
• Recoñecemento expreso das liberdades en declaracións de dereitos
• Formación de Estados-Nación.

a. Canto á forma:
• Monarquía Constitucional
• Monarquía parlamentaria
• República presidencialista
• República parlamentaria

b. Canto a organización territorial
• Estado unitario centralista
• Estado unitario descentralizado
• Estado federal

jueves, noviembre 16, 2006

proposta de exame para o 1º parcial.

PROPOSTA DE EXAMEN Iº PARCIAL Iª AVALIACIÓN.
HISTORIA CONTEMPORÁNEA

1. Desenvolve un tema co título que ven de seguido empregando os textos (mediante citas textuais) para xustificar as ideas que vais expoñendo no tema (lembra a importancia de ordena-lo tema cumnha introducción o desenvolvemento ben artellado e unha conclusión).
TRAZOS BÁSICOS DO SISTEMA ECONÓMICO CAPITALISTA.

“Cada individuo en particular pon todo o seu cuidado en buscar o medio máis oportuno de empregar coa maior vantaxe o capital de que poida dispor. O que desde logo se propón é o seu propio interese, non o da sociedade en común … Pero neste e noutros moitos casos unha man invisible condúceo a promover un fin que nunca tivo na súa intención(…); porque seguindo seu particular interese ás veces promove o da sociedade con máis eficacia que cando se pensa directamente en fomentalo.” (A. Smith, 1776)

“O economista Bastiat, creu distinguir no mundo económico unha harmonía preestabrecida, polo que seu á súa principal obrta un título característico “As harmonías económicas”. Non é só a mecánica celeste, senón tamén a mecanica social a que revela a sabiduría de Deus…” (M. Artola, 1984)

“ O traballo , como todas as demais cousas que se mercan e se venden, e que poden ser aumentadas ou diminuídas, ten o seu prezo natural e o seu prezo de mercado.” (D.Ricardo, 1817)
“…o simple e doado sistema la liberdade natural. Todo home, na medida en que non ofenda as leis da xustiza, está en plena liberdade para segui-lo camiño que lle presente seu interés e de levar súa industria e seu capital onde lle pete, en competencia coas de todo outme ou clase de homes. O Estado está enteiramente exento dista carga” (A. Smith, 1776)

“O pensamento da Ilustración concibe ó home como unha criatrura cuia natureza pula na percura da felicidade…Enténdese a felicidade como aquel estado no que o home ve satisfeitas súas necesidades. A propiedade individual dos bens capaces de satisfacer esas necesidades, enténdese como a garantía, ou mesmo a manifestación externa da felicidade. A identificación que se produce entre medios e fin, entre propiedade e felicidade, servíu para lexitimar a propiedade individual”




2. CUESTIÓNS BREVES:
2.1 Explica e xustifica as razóns que fixeron necesaria a introducción dos bancos e sociedades por accións nas actividades industriais a finais do século XIX.

2.2 Xustifica a importancia da revolución agraria para a revolución industrial e compara os casos español e británico.

2.3 Explica en qué consistíu o cambio de réxime demográfico ó longo do século XIX e como influíu na economía contemporánea.

3. DEFINICIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN CRONOLÓXICO TEMPORAL.
Une as casiñas da táboa para facer cinco frases ás que só deberás engadir unha contextualización temporal, e ,se cadra, espacial con algún exemplo.
1Sector punteiro
2Ámbito dentro da producción industrial
3Que inclúe a concentración de medios de producción, a mecanización e a división tecnica do traballo
1Capitalismo financieiro
2Xeito de organiza-la produccción industrial
3Que se refire á xeracíon polo sistema de diferencias sociais e/ou territoriais
1Factory system
2Fase da evolución do sistema económico
3Que inicia os cambios propios da industrialización
1Desenvolvemento desigual
2Forma de organización do traballo nas industrias
3Que se basea na especialización de tarefas, e fabricación en cadea de productos estándar.
1Taylorismo
2Característica consecuencia do modelo económico capitalista
3Que se caracteriza pola unión de intereses industriais e bancarios

(NOTA. nesta última pregunta o examen o teño posto nunha táboa con tres columnas que corresponden ós números que vos indico. No sei como facer esa táboa e o teño que poñer así. Disculpas polo meu analfabetismo informático-bloggero)

miércoles, noviembre 01, 2006

CUBOADIVIÑA.3

Nesta ocasión vos pregunto por unha personaxe de ficción pero que tivo moita influencia no pensamento da Ilustración. ¡Seguro que o coñecedes!

Sorte. E lembrade, as respostas argumentadas no propio cadernodhistoriacontemporánea, e puntuables ata 8 puntos dos traballos voluntarios.


Cool Slideshows