PROPOSTAS DE TRABALLO

martes, octubre 24, 2006

UNHA NOVA ADIVIÑA... DESTA VEZ NON CÚBICA


Última entrega:
O que vos propoño agora é descobrir qué é a árbore xenealóxica que vos presento, a quen pertence e donde a podedes atopar.
Esta proposta tamén a farei na clase pinchando no taboleiro a árbore.
Máis ou menos cada dous días irei colgando novas edicións da árbore máis completas ata que alguén descubra os enigmas: a quen pertence e onde se atopa.
Agardo que sexa pronto.


domingo, octubre 22, 2006

A PALABRA INCÓGNITA

Atopa esta palabra escondida:

Anagrama de : "y solo timar"

Rima con: "él mismo"

Sinónimo de : "scientific management"

martes, octubre 17, 2006

Unha nova cuboadiviñanza.

COMO DA OUTRA VEZ...: 8 PUNTOS DO APARTADO DE TRABALLOS VOLUNTARIOS PARA AS PRIMEIRAS PERSOAS QUE DEAN COA PERSONAXE Ó QUE SE REFIRE O CUBO E O XUSTIFIQUEN EXPLICANDO CADA CARA DO CUBO. Por certo, facédeo no propio caderno dixital para que todo o mundo poida participar do descubremento.

Cool Slideshows

lunes, octubre 16, 2006

TESTRES. Precondicións da Rev Industrial

1. Gracias á revolución agraria a revolución industrial puido dispoñer de…
a. Man de obra, capitais, mercados e alimentos para a población urbana.
b. Mercancías para comerciar no mercado internacional gracias ás melloras nos transportes.
c. Unha industria rural que xeneraba aforro e inversión.

2. A importancia das transformacións nos transportes que se deron antes da Revolución Industrial radica en…

a. Que permitiron unha nova organización do mercado interior no que se relacionaban dun xeito máis rentable os seus elementos.
b. Que permitíu un transporte do comercio internacional coas colonias que antes (SXVI-XVIII) non fora posible.
c. Que permitíu os campesiños completar os seus ingresos con labores relacionadas co transporte das súas produccións.

3.A acumulación de capitais que foron investidos durante a Revolución Industrial inglesa veu principalmente:
a. Dos beneficios derivados do aumento demográfico.
b. Dos beneficios que xeneraba a revolución agraria e o aumento demográfico.
c. Dos beneficios extraídos das melloras na agricultura e do comercio internacional coas colonias.

viernes, octubre 13, 2006

TESTRES. Concepto de revolución industrial


1. O que coñecemos como “factory system” é...
a. Unha forma de emprega-las máquinas para a producción industrial secuenciando o traballo no que se coñece como división social do traballo.
b. Un xeito de aplica-los beneficios da revolución agrícola á industrialización aportando á industria: man de obra, mercados e capitais para investir.
c. Unha maneira de organiza.la actividade das industrias que inclúe a concentraciónde capital e traballo, a división técnica do mesmo e o emprego de maquinas

2. Chamamos pre-condicións da revolución industrial a ....
a. Actividades ou situacións que colaboraron en prepara-lo terreo para que se dera o proceso revolucionario no sector secundario.
b. As características propias do sector secundario que definen a revolución industrial fronte a outras formas de organiza-la actividade industrial (gremios,manufacturas…)
c. Ós tres aspectos que definen a revolución industrial: modificacións técnicas, da organización industrial e da estructura da propiedade industrial.

3. A consecuencia do proceso revolucionario na industria a economía en conxunto….
a. Pasou a ser más dependente da agricultura pero agora organizada segundo un modelo capitalista (como ocorreu en U.K cos “enclosures”)
b. Pasou a organizarse segundo o modelo das clases sociais, co predominio da burguesía e a aparición do proletariado.
c. Pasou a un crecemento contínuo e acelerado cada vez máis interconectado xeográficamente e ao protagonismo económico do sector secundario.